ConcellosTrivesÚltima hora

Candeas simbólicas dende as casas na noite do Venres Santo en Trives

 

Un dos momentos máis especiais da Semana Santa de Trives é o Venres Santo, con procesións como as do Santo Enterro (de tarde) e a da Soidade (xa pola noite). Estes actos, nas que os membros das dúas confradías (a do Santo Cristo e a Virxe das Dores) percorren cos seus pasos a vila, tampouco puideron celebrarse este ano por mor da pandemia.

Sen embargo, de forma simbólica os triveses iluminaban con candeas acesas a noite do pasado venres como unha lembranza moi especial e coa esperanza de que na vindeira Semana Santa as imaxes relixiosas poidan volver percorrer as súas rúas.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button