Eleccións Xerais 26-XPolíticaÚltima hora

A candidata ourensá do BNG ao Congreso, en Viana do Bolo

Noa Presas mantiña un encontro co equipo de goberno nacionalista deste concello e cos militantes que repartían o programa electoral do BNG na feira da vila
Noa Presas, con membros da corporación de Viana do Bolo na praza Maior da vila.
Noa Presas, con membros da corporación de Viana do Bolo na praza Maior da vila.

“Viana é un exemplo do traballado de anos do BNG que finalmente conseguiu botar fóra das institución ao caciquismo do Partido Popular e propiciar un cambio político”, dicía Noa Presas, número un do BNG por Ourense ao Congreso, na viaxe que realizaba a este concello ourensán na mañá do 13 de xuño.

Nesta visita Presas mantiña unha xuntanza co equipo de goberno municipal do BNG neste municipio. Nel o alcalde de Viana, Secundino Fernández afirmaba que o seu é un concello participativo, no que os cidadáns poden intervir libremente nos plenos, sen límite de tempo e sen ter que rexistrar previamente as preguntas.

Pola súa banda, Noa Presas referíase á importancia de que Galicia teña unha voz propia no Estado, iso “significa ser autónomos e non ir mendigar solución para os nosos problemas senón esixir soberanía para resolvelos por nós mesmos cos nosos recursos”. Aludía en concreto ao financiamento dos concellos e da comunidade autónoma, así como a outros problemas que afectan ao rural, dende a distribución das axudas da PAC ata a Lei de Montes.

Artigos relacionados

Back to top button