PolíticaÚltima hora

Candidatos ourensáns do PSdeG fan un reparto informativo en Trives

 

Algúns dos membros da candidatura socialista por Ourense ás eleccións do 12X, entre eles o barquense Eduardo Ojea e Juan Carlos Francisco, desprazábanse ata Trives para facer, xunto á alcaldesa da localidade, ao rexedor de Manzaneda, ao secretario provincial do PSdeG-PSOE e a outros membros do partido; un reparto informativo pola vila, aproveitando o feito de que hoxe era día de feira.

 

 

Así, saían das proximidades do Concello e percorrían a localidade falando cos veciños, escoitando os seus comentarios e necesidades, e tamén repartindo folletos e outro material de campaña.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button