Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Candidatos do PP e o conselleiro de Sanidade reúnense con asociacións no Barco

Ao encontro celebrábase na tarde do 13 de setembro e nel os representantes das entidades trasladábanlle as súas demandas a Jesús Vázquez

Ao longo dunha hora Miguel Santalices e o valdeorrés Moisés Blanco, candidatos do PP por Ourense ás eleccións galegas, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, mantiñan unha xuntanza no Barco con representantes de diversas asociacións. O encontro tiña lugar ás 18h. no Mesón O Portiño e nel as asociacións interesábanse por diversas cuestións sanitarias e tamén plantexábanlle unha serie de propostas de mellora e demandas ao concelleiro de Sanidade. “Comentaban a necesidade de complementar algunhas especialidades que xa funcionan como Psiquiatría”, sinalaba Jesús Vázquez ao termo da xuntanza.

Asemade explicaba que esta reunión enmárcarse dunha serie de visitas que está a realizar ás diferentes áreas sanitarias de Galicia para coñecer as súas necesidades. Vázquez Almuíña puxo en valor ao Hospital Comarcal Valdeorras e lembrou que presenta as mellores listas de espera da comunidade.

Ante da xuntanza coas asociación, o conselleiro de Sanidade, acompañado polos candidatos e pola xerente de xestión integrada de Ourense, Eloína Núñez, visitaba a sede do PP no Barco.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button