Galerías de fotosÚltima hora

Caneiro presenta o seu último libro, adicado á Cela, en Verín

Leva por título “Ourense, galeguidade e excelencia na obra de Camilo José Cela” e dábase a coñecer nun acto organizado pola Biblioteca Municipal

Case tres meses despois do ciclo temático que a Biblioteca Municipal de Verín lle adicaba ao escritor Camilo José Cela, esta entidade organizaba en decembro un novo acto relacionado con este Premio Nobel Galego. Tratábase da presentación do último libro do autor verinense Xosé Carlos Caneiro, titulado “Ourense, galeguidade e excelencia na obra de Camilo José Cela” e editado pola Deputación de Ourense.

Esta actividade tiña lugar na tarde do 15 de decembro na Casa da Cultura de Verín e contaba coa presenza do alcalde, Gerardo Seoane. O libro de Caneiro está centrado no estudo na obra de D. Camilo José Cela “Mazurca para dos muertos” e a relación coa provincia ourensá.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button