ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

“Canta o cuco”, no Barco

Este espectáculo, arredor da poesía de Manuel María, podía desfrutarse na tarde do 20 de maio no Teatro Lauro Olmo

Dende a música tradicional ata os lindeiros do pop e o rock, pasando polas beiras da canción de autor ou os sons latinoamericanos do tango e de Cuba. E canda eles, os versos de Manuel María, seleccionados dos libros que escribiu para o público máis novo: “Os soños na gaiola” e “As rúas do vento ceibe”. Estes son os vimbios de “Canta o cuco”, un espectáculo que despregaba sobre as táboas do Teatro Lauro Olmo na tarde do 20 de maio.

A actuación cobraba vida da man de Uxía (voz e percusión) e do rues Magín Blanco (guitarra e voz), que ademais estaban acompañados por Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo e Inacio Vilariño. Con este acto completábase o programa do Concello do Barco para celebrar as Letras Galegas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button