CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cantando e bailando con Xoán Curiel, no Barco

A praza Maior da vila acollía esta a terceira das actuacións do II Terrasón

 

Entre divertidas coreografías, música, cancións e moito humor desenvolvíase na tarde deste venres na praza Maior do Barco o espectáculo “Danzamos no verán” de Xoán Curiel. Esta proposta, dirixida a un público infantil e familiar, aposta pola interacción co público e inclúe as cancións do seu libro-disco “Estamos no verán!!!”.

Trátase da terceira actuación do II Terrasón, un ciclo promovido polo Concello do Barco e que se encetaba a pasada fin de semana. A seguinte cita do programa será mañá sábado ás 22:30h. no Paseo do Malecón. Desta volta, a proposta será música de autor da man de Aínda.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button