ConcellosEn portadaÚltima hora

A cantante Rosa Cedrón, pregoeira da Feira do Viño do Amandi

Esta mostra, que ten como escenario Sober (Lugo), chegará a súa XXXVII edición os días 8 e 9 de abril

 

Imaxe promocional da cantante Rosa Cedrón.

Apenas catro días despois da presentación do programa do actos do Mes do Amandi, o Concello de Sober vén de desvelar o nome da pregoeira da XXXVII Feira do Viño de Amandi, que este ano se celebrará os días 8 e 9 de abril. Trátase da cantante monfortina e intérprete de violonchelo Rosa Cedrón.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece “a implicación e boa disposición por colaborar coa nosa Feira desta recoñecida violonchelista de orixe monfortina, que está moi vinculada ás costumes da nosa comarca por ter nacido aquí”. Ademais calificouna como “unha das embaixadoras musicais da Ribeira Sacra” por ser unha persoa que foi levando a súa arte e as súas raíces por toda España e internacionalmente en cidades tan importantes como Nova York, Toulouse ou Bos Aires.

Guitián amosouse moi orgulloso de que unha persoa tan coñecida e recoñecida como Cedrón, “que foi a voz durante 9 anos dun grupo tan relevante como Luar na Lubre e colaborou con Mike Olfield, un dos mellores músicos de todos os tempos”, sexa a pregoeira da XXXVII edición da Feira do Viño de Amandi.

Ademais do pregón do domingo, Rosa Cedrón ofrecerá o sábado na praza do Concello o concerto “estrela” da XXXVII Feira do Viño de Amandi ás 22:30 horas.

 

Público asistente a unha edición da Feira do Viño de Amandi en Sober./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button