CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

“CantarElas”, un percorrido por tres décadas de Leilía no Barco

Este grupo de pandereteiras actuaba na tardiña do 13 de setembro no campo da festa da vila

 

Sen artificios, tal cal a escoitaron. A música de Leilía nace da tradición, da escoita e da recolleita das maiores. “Das mulleres que saben tocar a pandeireta do dereito e do revés”. Así o lembraba unha das súas integrantes, Montse Rivera, no campo da festa do Barco.

Na tarde do 13 de setembro este grupo de pandereteiras (formado tamén por Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez) presentáballe ao público barquense o seu espectáculo “CantarELAS”, co que conmemoran as tres décadas de traxectoria de Leilía sobre os escenarios. Nel conectan as súas orixes co sonoridade actual do grupo.

Numerosas persoas seguían esta actuación, que se iniciaba ás 20:30h. na carpa instalada no campo da festa, incluída nos actos culturais do programa “O Cristo 2020”.

Fotos: Ángeles Rodríguez, agás as dúas últimas que son cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button