ConcellosÚltima hora

Cantos de taberna cos Bertolini, na II Xornada Castañeira nos Anguieiros (Quiroga)

A actividade divulgativa, creativa e festiva en torno á castaña, celebrarase o sábado 28 de outubro
Cartel da xornada en torno á castaña.

Por segundo ano consecutivo, a Asociación Boca do Monte organiza unha xornada “castañeira” con diferentes actos para “reivindicar a importancia da castaña na contorna de Anguieiros-Montefurado (Quiroga)”.

A actividade celebrarase o vindeiro sábado 28 de outubro e dividirarse en tres partes. A primeira, unha sesión divulgartiva de 11 a 13 horas, incluirá unha visita guiada pollos Anguieiros para coñecer “caniceiras” nas que antigamente se secaban as castañas. No transcurso do circuíto, representantes da Cooperativa Amarelante (Manzaneda) darán unha charla sobre o potencial da castaña, contando a súa propia experiencia. Ademais haberá un intercambio de vivencias sobre a pisa entre os veciños e membros da Asociación Fonte do Milagro (Froxán).

A media tarde, entre as cinco e media e as sete, quen o desexe poderá participar na elaboración de cabazas de Samaín, unha actividade para toda a familia, e a continuación terá lugar o magosto popular con castañas asadas, viño e cantos de taberna co grupo Os Bertolini de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button