CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cantos de Taberna no Nadal, en Quiroga

Ronda polos establecementos de hostalaría o 2 de xaneiro ás 17h.
Cartaz dos cantos de taberna de Quiroga.
Cartaz dos cantos de taberna de Quiroga.

A dinamización social e a recuperación “das nosas tradicións musicais”. Son os obxectivos cos que o Concello de Quiroga, a través da Área de Xuventude, organizará neste Nadal unha nova actividade: “Cantos de Taberna”. Será o 2 de xaneiro a partires das cinco de tarde. “Os cantos nas tabernas foron unha maneira de divertimento, de ocio e un xeito de producir e manter a tradición musical da comarca”, explican dende o Concello quirogués.

Nesta actividade poden participar todas as agrupacións interesadas ata un máximo de 15, e o número de integrantes de cada agrupación non ha de superar os 10 membros. Para inscribirse pode chamarse á Casa da Cultura ao número de telf: 982435125.

Para esta actividade, o Concello de Quiroga conta coa colaboración da Empresa Tourgalia e de quince locais (cafeterías, bares e pubs) de hostalaría do municipio. Cada agrupación musical participante realizará unha actuación de media hora en cada establecemento, para rematar a ronda na zona dos Pubs cunha foliada.

Artigos relacionados

Back to top button