Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A capital esperta cuberta de fume e cinza

Os incendios desta fin de semana fixeron que Meteogalicia cualificase, ás 13:00 horas, a calidade do aire de Ourense de “moi mala”

“Irrespirable e agobiante”, estes son os dous cualificativos que se escoitaban na mañá de hoxe, 16 de outubro, polas rúas de Ourense. A capital das Burgas espertaba cuberta de fume e os coches e as rúas de cinza. O que de normal son néboas matinais que tapan á capital, hoxe era outro fenómeno: fume.

Tras unha noite intensa para toda Galicia, a cidade non foi alla a estes lumes que xa se levaron tres vidas en toda a comunidade. Se de cotío o mirador de Montealegre é un lugar onde se pode ver todo Ourense, hoxe non se podía nin ver un edificio da cidade. Dentro do casco urbano, o fume pendurado no ambiente e o cheiro queimado ateigou as rúas.

 

Vista habitual dende Montealegre. // Foto: Carlos Asensio.

 

Vistas hoxe dende Montealegre. // Foto: Carlos Asensio.

Segundo os datos achegados por Meteogalicia, a calidade do aire da capital foi cualificada de “moi mala” ás 13:00 horas.

 

Gráfica da calidade do aire en Ourense. // Fonte: Meteogalicia.

Fotos: Carlos Asensio.

Máis fotos sobre a presenza de fume na provincia nas seguintes ligazóns:

A provincia amence cuberta polo fume e a cinza dos incendios forestais

https://osil.info/fume-toma-barco/

https://osil.info/rua-envolta-polo-fume-dos-incendios/

 

 

Artigos relacionados

Back to top button