Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A capital garda silencio en repulsa dos incendiarios e en apoio ás vítimas

As administracións públicas presentes en Ourense concentráronse diante dos edificios oficiais para celebrar este acto

As administracións públicas presentes na capital gardaban na mañá de hoxe, 16 de outubro, un minuto de silencio en apoio ás vítimas e para denunciar “a repulsa total e absoluta contra este acto de terrorismo medio ambiental”, sentenciou a concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, Sofía Godoy.

Este acto foi convocado pola Xunta de Galicia e sucedéronse en diferentes puntos de Ourense como a propia delegación do Goberno galego na avenida da Habana, a Deputación e o Concello.

Sofía Godoy asegurou que este tipo de actos “non só destrúen o noso medio rural senón tamén os medios de vida”. Asemade, a edil tivo palabras de condolencia coas vítimas destes lumes así como loas para os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, voluntarios e efectivos de extinción.

Artigos relacionados

Back to top button