En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Caracois ardendo para iluminar a procesión da Soidade no Castro

Este é un dos actos máis singulares da Semana Santa do Barco

Rodeada pola escuridade, a Virxe das Dores, portada por catro mozas enloitadas, saía da igrexa do Castro (O Barco) na noite do Venres Santo. A partir de aí o traxecto da procesión íase alumando con multitude de cunchas de caracol ás que os veciños lle ían prendendo lume cando se achegaba á comitiva relixiosa. Comezaba así ás dez da noite a tradicional procesión da Soidade no Castro, máis coñecida como “dos Caracois”.

Eran moitas as persoas que se achegaban ata esta localidade barquense para participar neste culto, que percorría un pobo completamente a escuras e só alumado polas chamas dos caracois e tamén dalgunhas piñas. No traxecto, a procesión facía un alto no Pazo do Castro, cuxa capela tamén se abría ao público nesta noite de Venres Santo.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button