En portadaGalerías de fotosSemana Santa

Caracois para alumarlle o paso á Virxe, no Castro

Multitude de persoas participaban na noite do 3 de abril nesta tradicional procesión por esta vila barquense

Ringleiras de luces e cruces rachan a escuridade nos camiños e nas casas do Castro. É a noite do Venres Santo e as cunchas de caracois acesas e piñas alumean o camiño que seguirá a Virxe das Dores. A “Procesión da Soidade”, tamén coñecida como “dos Caracois”, sae da igrexa do Castro pasadas as dez da noite do 3 de abril.

Nela a tradición conxúgase coa solemnidade relixiosa. O costume é que sexan as rapazas solteiras as que porten a imaxe. Van ataviadas con vestidos e velos negros semellantes ao da Virxe. Detrás vai unha multitude de persoas que camiñan e cantan. O percorrido só se alumea co resplandor dos caracois e das piñas que se van acendendo pouco antes do paso da comitiva.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button