Concellos

“Carbaemprego”, un plan para fomentar a inserción laboral de 60 persoas

Trátase dunha iniciativa posta en marcha polo Concello do Carballiño que conta co apoio da Xunta
Un momento da presentación do programa "Carbaemprego".
Un momento da presentación do programa “Carbaemprego”.

Bota a andar no Carballiño o programa integral “Carbaemprega”, unha iniciativa posta en marcha polo Concello, coa colaboración e apoio da Xunta, que busca fomentar a inserción laboral de 60 persoas. Durante un ano, os alumnos recibirán formación para que melloren o seu acceso a un traballo. O obxectivo é acadar unha inserción de preto do 50%.

O plan era presentado na mañá do 28 de outubro na vila carballiñesa. No acto participou o alcalde, Francisco Fumega, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, o edil de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, os concelleiros Argimiro Marnotes e Marcos Reboredo e os presidentes dos empresarios do Polígono e do Centro Comercial Aberto. Tamén asistiu o director do grupo empresarial do sector eólico GRI, ademais de formadores, orientadores laborais e os propios alumnos.

Actualmente, O Carballiño ten en marcha na comarca cinco programas de formación laboral no que participan 75 persoas, incluíndo os obradoiros de emprego.

Artigos relacionados

Back to top button