CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Carballeda comeza hoxe as festas da Virxe do Carballal

A procesión no entorno na ermida abría o programa que se estenderá ata o sábado 10 de setembro

Ás doce do mediodía saía da Ermida do Carballal a procesión coa imaxe da Virxe, seguida polo sacerdote e os fegreses. Este acto, amenizado musicalmente pola charanga Brisas do Sil, marca o inicio das festas de Carballeda de Valdeorras na honra á Nosa Señora do Carballal que continúan pola tarde con brincadeiros gratis e baile a cargo da orquestra Saudade.

Mañá, venres 9 de setembro, haberá alborada con gaiteiros e baile en sesión de tarde e verbena coa orquestras Alabama. E xa o sábado día 10, haberá campionatos de bolos e de tute, xogos para os nenos e baile na praza coa discoteca móbil A Boa Festa.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button