ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Carballeda de Valdeorras acende o Nadal cun orixinal belén

Con luces de diferentes tonalidades está elaborado o orixinal e fermoso nacemento que vén de instalarse no centro de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Está colocado nas proximidades do parque infantil e da fonte de lousa. Ademais a decoración deste belén esténdese ás árbores cercanas e tamén hai iluminación navideña con 15 arcos nas rúas e unha estrela de luz no depósito da auga que pode verse dende diferentes puntos. Deste xeito o Concello de Carballeda dalle á benvida ao Nadal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button