CarballedaConcellosÚltima hora

Carballeda de Valdeorras embelece o tramo do Camiño de Inverno neste municipio

 

O Concello de Carballeda de Valdeorras traballa en mellorar o tramo do Camiño de Inverno ao seu paso polo municipio. “Estamos en obras no Camiño de Inverno, que fai a Xunta, e estamos a acondicionar, coas brigadas do Concello, recunchos preciosos”, destaca a alcadesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González.

Entre as iniciativas desta actuación figura unha sinalización que emprega a lousa, a pedra natural emblemática deste municipio, e que pon en valor as tradicións (como por exemplo as lendas) e o patrimonio natural deste concello. Tamén se contemplan zonas de descanso no trazado nas que se prevé instalar mobiliario urbano como é o caso de bancos

Fotos cedidas polo Concello de Carballeda de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button