ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Carballeda de Valdeorras honra á Virxe do Carballal

A procesión e misa na ermida centraban os actos da mañá do domingo 8 de setembro

Cada ano son numerosos os devotos que participaban na procesión da Virxe do Carballal polos arredores da súa ermida. Esta ocasión non foi unha excepción e na mañá do 8 de setembro os fieis acompañaban á imaxe da Virxe, para asistir de seguido, á eucaristía na súa honra. Este era un dos actos principais do día grande das festas do pobo de Carballeda de Valdeorras, que comezaban xa o día 6 de setembro.

Nesta mesma xornada, ademais de alboradas e sesión vermú había inchábeis para os nenos e baile coa orquestra Marazul que actuará en sesión de tarde e verbena.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button