CarballedaConcellosÚltima hora

Carballeda de Valdeorras recibirá unha subvención para a mellora de áreas de descanso para peregrinos no Camiño de Inverno

O importe da achega de Turismo de Galicia ascende a 11.201,4 para as obras na ruta xacobea ao seu paso polo municipio

Peregrinos saíndo de Pumares, polo Camiño de Inverno. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un total de 87 proxectos serán beneficiarios da liña de subvencións habilitada por Turismo de Galicia para a mellora paisaxística e embelecemento dos bens e recursos situados no Camiño de Santiago, segundo a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia. Deses, 11 pertencen á provincia de Ourense, entre os que está o do Concello de Carballeda de Valdeorras para a “mellora de áreas de descanso para peregrinos no Camiño de Inverno ao seu paso polo concello” que recibirá 11.201,04 euros.

O obxectivo desta esta liña de actuacións é levar adiante actuacións sobre elementos etnográficos, vivendas e espazos agrarios situados na Ruta Xacobea así como traballos de naturalización e embelecemento do trazado que permitan ofrecera a mellor imaxe do Camiño de Santiago, especialmente de cara a celebración deste Ano Xacobeo bianual. As actuacións que recolle esta liña de axudas supoñen unha mobilización de recursos de máis de 1.4 millóns de euros dos que Turismo de Galicia achega o 75% do orzamento, preto de 1 millóns de euros.

Resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia: AnuncioG0256-231220-0001_gl

 

 

Artigos relacionados

Back to top button