ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Carballeda honra á Nosa Señora do Carballal

Numerosos devotos participaban na mañá do 8 de setembro na procesión coa imaxe da Virxe do Carballal polos arredores da súa ermida e, de seguido, na eucaristía. Este era un dos actos principais do día grande das festas do pobo de Carballeda de Valdeorras, que comezaban xa o día 6 de setembro.

Nesta mesma xornada tiña lugar un pasarrúas a cargo da charanga Brisas do Sil, mentres que a sesión vermout corría por conta da orquestra Marca que tamén actuaba pola tarde e na verbena.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button