En portadaÚltima hora

Carballeda seguirá no nivel máximo de restricións e O Barco e Petín no nivel alto

Panorámica de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

 

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo Covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, Cualedro, A Pobra do Caramiñal, O Grove, e Vilanova de Arousa.

Así mesmo, o subcomité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos de Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Trabada, Barreiros, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño, Ribadumia, e Ponteareas.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Cartelle, Lobios, Cortegada, Padrenda, Verín, Chantada, Boiro, Rianxo, Carnota, Carral, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Vigo, Barreiros e Trabada.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Será o caso de Rubiá que, deste xeito, pasará do nivel alto de restricións ao medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro luns, 26 de abril.

Artigos relacionados

Back to top button