ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Carballiño, capital do pulpo

Esta localidade acollía a LV Festa do Pulpo, que reunía a milleiros de persoas no mediodía do 13 de agosto

Milleiros de persoas tomaban o parque municipal do Carballiño para gozar da LV Festa do Pulpo no mediodía do 13 de agosto. Servíanse máis de 75.000 quilos deste cefalópodo. No xantar oficial participaban diversas autoridades, entre elas a responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro, que aparece nesta galería de fotos xunto ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e ao subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

Ademais da comida oficial, eran moitas as persoas que degustaban o pulpo á feira en diferentes postos ou mesmo en xantares familiares, nun ambiente festivo e moi animado.

Esta festa, declarada de interese turístico nacional, contaba tamén coa visita do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, momentos antes do xantar. O titular do goberno galego resaltaba que se “a Festa do Pulpo é unha cita inesquecible do mundo da emigración, agora tamén é unha cita obrigada para os turistas que visitan a comunidade e queren disfrutar da gastronomía e dun prato cun gran poder de convocatoria e sinónimo de convivencia e celebración”.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as dúas últimas.

Artigos relacionados

Back to top button