EconomíaEconomíaÚltima hora

Carballiño, onde o pulpo á feira é o rei

Este concello ourensán celebraba o 9 de agosto unha das festas gastronómicas máis multitudinarias de Galicia

O pulpo reinaba no Carballiño ao longo do domingo 9 de agosto. Nos establecementos de hostalaría desta localidade, en postos na rúa e, por suposto, na Alameda, epicentro desta celebración que cumpre xa 53 edicións e está declarada de interese turístico nacional. Milleiros de persoas de todas as idades desfrubaban deste delicioso cefalopodo tanto no xantar oficial da Festa do Pulpo, como en comidas particulares e mesmo campestres.

Ademais esta festa conlevaba unha completa programación ao longo de toda a semana con concursos, actividades infantís, etc.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button