ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Carballiño réndese ao pulpo

No marco desta 52ª Festa do Pulpo tiña lugar unha comida de confraternización con galegos residentes no exterior promovida por ABANCA

O Carballiño celebraba na mañá do domingo 10 de agosto a 52ª Festa do Pulpo, unha cita de referencia internacional que cada ano reúne a milleiros de persoas no parque municipal desta localidade ourensá. E malia que o tempo non acompañou,o público respondía de novo nesta edición.

Neste marco gastronómico tan especial tiña lugar un xantar de confraternización con galegos que viven fóra da comunidade, organizado polo departamento de non residentes de ABANCA.

Entre os participantes na comida estivo o vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, que nunha das fotografías desta galería aparece sentado á mesa xunto ao director territorial desta entidade Rubén Saavedra e ao presidente da Hermandad Gallega en México, Florencio Gulías Barros.

Neste xantar ABANCA reunía a unhas 240 persoas que residen actualmente en países como Venezuela, México, Panamá, EEUU, así como noutros europeos. No menú do xantar non faltou, por suposto, o pulpo, así como a empanada galega e a carne ao caldeiro, acompañada con viños e doces do país.

A experiencia resultou moi positiva e dende a dirección da entidade prevese repetila na vindeira edición da Festa do Pulpo do Carballiño.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button