Ourense

Cáritas de Ourense recibe unha achega de 4.000 euros por parte de ACAUTO

Este aportación vén dun premio que lle entregou á asociación de concesionarios ourensá a FACONAUTO por doar á asociación 15 euros de cada venta que fixeron no Salón do Automóbil
Ramón Seijas facendo entrega do chegue a José Ánge Feijóo. // Foto: Carlos Asensio.

Os concesionarios pertencentes á Asociación de Comerciantes de Automóbiles de Ourense (ACAUTO), fixeron onte unha achega de 4.000 euros a Cáritas Diocesana. Esta achega foi recibida pola asociación de mans de FACONAUTO (Federación de Asocaciones de Concesionarios de la Automoción), como premio á iniciativa que ACAUTO tivo de doar 15 euros á organización sen ánimo de lucro por cada venta que fixesen nos salóns do automóbil Novo e de Ocasión, celebrados a finais do pasado ano. Tras devanditas citas “conseguimos recadar 5.600 euros, que foron directos para Cáritas”, explicou Ramón Seijas, presidente de ACAUTO.

Este é o segundo ano que FACONAUTO concede este premio ás iniciativas solidarias dos seus federados no seu congreso que se celebrou os pasados 13 e 14 de febreiro. Segundo o presidente de ACAUTO, Ramón Seijas, o principal obxectivo nestes salóns do automóbil e co donativo “é servir de altofalante das actividades de Cáritas Diocesana”, asemade tamén contaron este ano nos salóns coa colaboración de Stop Accidentes. Asemade, reiterou que “a sociedade nos reporta moitos beneficios e o que intentamos e reverter os menos favorecendo ao que máis o necesita”.

Pola súa banda, Javier de Ulacia, Director General de Cetelem España, entidade promotora do premio, falou na mesma liña: “a intención deste premio é facer que os concesionarios tivesen unha visión de preocupación polo seu entorno dun xeito social, e por iso convocamos este premio de iniciativas solidarias”. Ao mesmo tempo asegurou que pouco a pouco van aparecendo máis propostas solidarias. En canto á iniciativa “do 100% dos concesionarios da provincia”, lembrou Ramón Seijas, “foi a máis recoñecida polos 1.200 asistentes ao congreso que celebrou a federación”, explicou Javier de Ulacia.

Destino dos cartos

Javiers Soto, secretario de Cáritas Diocesana, agradeceu novamente o donativo a ACAUTO na súa intervención: “este é un sector (concesionarios) que a nivel provincial ten un peso económico moi importante, tanto en postos de traballo como nas oportunidades que xera, e que haxa esta implicación social é un xesto de importante calibre pola súa parte”. Soto explicou que todos os cartos que reciben “irán destinados aos distintos programas que leva a cabo Cáritas Diocesana, que están pensados para atender e paliar certo tipo de necesidades diarias en determinados colectivos. Todos os cartos que chegan, que é a parte importante, chegan directamente aos usuarios”, remarcou.

Como dato, por exemplo, o delegado Episcopal, José Ángel Feijóo, asegurou que este pasado ano 2016 o comedor de Cáritas “fixo máis de 180.000 menús de comida”. Unha cifra que Javier Soto cualificou de “espectacular”, tendo en conta a poboación ourensá. O delegado episcopal tamén agradeceu esta achega por parte do sector privado e animou a seguir implicándose coa labor que leva a cabo Cáritas.

O cheque por valor de 4.000 euros. //Foto: Carlos Asensio. 

Artigos relacionados

Back to top button