CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Carla Álvarez da Rúa, Excelencia Académica 2016

A estudante do IES Cosme López Rodríguez superou o 9 no Bacharelato e Selectividade
Carla Álvarez Blanco.
Carla Álvarez Blanco.

O IES Cosme López Rodríguez da Rúa súmase aos centros valdeorreses con alumnos entre os mellores estudantes de Galicia. Así o demostrou unha das súas alumnas, Carla Álvarez Blanco, que lograba a Excelencia Académica este ano ao obter unha nota superior ao 9 nas Probas de Acceso á Universidade (PAU).

Que Carla é unha boa estudante non cabe a menor dúbida pois xa conseguira Matrícula de Honra en 2º de Bacharelato. Agora lograba un 9,294 (entre 1º e 2º de Bacharelato e a fase xeral da Selectividade) e un 12,744 no cómputo xeral incluíndo as específicas.

Despois do verán, esta xove de 18 anos comezará unha nova etapa formativa, estudando Administración de Finanzas en Santiago de Compostela.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button