AletismoDeportesÚltima hora

Carlos Beltrán proclámase campión de España sub 20 en salto de lonxitude

O atleta con orixes en Viana do Bolo saltaba 7.43 metros na proba disputada esta mañá en Madrid

 

Era un dos favoritos na súa modalidade e non defraudou. O atleta Carlos Beltrán Álvarez vén de proclamarse campión de España sub 20 en salto de lonxitude, na proba disputada no mediodía deste domingo 4 de outubro no Estadio de Vallehermoso en Madrid, onde se daban cita máis de 500 deportistas, seguindo un riguroso protocolo de seguridade anticovid.

O atleta vianés residente na Rioxa e membro do Go Fit Athletics, acreditaba 7,31m en pista cuberta e neste campionato superábase a si mesmo, logrando un resultado de 7.43. O segundo clasificado en Madrid, Óscar Matilla, saltaba 7.32 metros e terceiro, Adriá Navajón, 7.21.

 

O atleta con orixes de Viana do Bolo, Carlos Beltrán Álvarez.

 

Carlos suma así o ouro ao seu palmarés no que tamén figuran, entre outras, unha medalla de prata lograda no Encontro Internacional sub 20 de pista cuberta disputado en febreiro deste mesmo ano; e unha de bronce no nacional de atletismo sub 18 celebrado o ano pasado, entre outras.

Dende Viana do Bolo, a súa familia e moi especialmente o seu tío Jorge Álvarez, celebran o resultado conseguido por esta xove promesa do atletismo español.

Artigos relacionados

Back to top button