DeportesÚltima hora

Carlos Bericat, coordinador de Deporte Escolar SXD de Ourense, reúnese no Barco coa Agrupación Deportiva Valdeorras

A xuntanza, para a posta en marcha do programa Xogade 2019/2020 na comarca, contou asemade coa presenza do xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta na provincia, Manuel Pérez

 

Atletismo, baloncesto, piragüismo, fútbol sala,… Son algúns dos deportes máis practicados polos cativos da comarca de Valdeorras, incluídos no programa de Deporte Escolar Xogade, e sobre os que trataron na reunión da Agrupación Deportiva Valdeorras celebrada na tarde do 14 de outubro no Barco.

Á xuntanza, para posta en marcha do programa Xogade 2019/2020 na comarca de Valdeorras, asistían algúns dos responsables dos clubs da comarca que se encargan das categorías base nas diferentes disciplinas (Adas Proinor, MV Barco, Atletismo Rúa,…); o novo Coordinador de Deporte Escolar SXD de Ourense, o ex futbolista Carlos Bericat (xogador, entre outros moitos equipos, do C.D. Barco); e o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta na provincia, Manuel Pérez.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button