CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán conquistan ao público na Rúa

A obra Somos criminais enchía o Centro Cultural Avenida na tarde do 9 de xuño

¿Temos unha cultura criminal propia? ¿Delinquimos como galegos? Son as preguntas sobre as que xira Somos criminais a obra de teatro co protagonizada polos humoristas galegos Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán que chegaba a Valdeorras na tarde o 9 de xuño.

Ao longo de mais dunha hora e media e diante dun abarrotado Centro Cultural Avenida (A Rúa), Blanco e Touriñán analizaron e dramatizaron crimes autóctonos en todas as súas variables, dende o crime por inconsciente ata o crime por “acumulación de mala hostia”, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxerencia ou as orixes do narcotraficante galego.

Despois de colgar o cartel de “entradas esgotadas” en localidades como Viveiro, Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo ou Vigo nos últimos meses, Somos criminais triunfaba tamén na Rúa.

Fotos: Sindo Novoa.

Artigos relacionados

Back to top button