CulturaCulturaÚltima hora

Carlos Casares será fillo predilecto de Ourense un día antes das Letras Galegas

O expediente de honra ao escritor fóra iniciado en 2003. Entre os actos, a título póstumo, descubrirase unha placa-busto do escritor na Praza do Bispo Cesáreo
Jesús Vázquez comunicoulle a resolución aos membros da Fundación Carlos Casares esta mañá.

O Concello de Ourense culminará o 16 de maio o expediente de honra aberto a Carlos Casares no ano 2003. O remate deste expediente, iniciado hai 14 anos, suporá un acto formal para o nomeamento de Carlos Casares como fillo predilecto da cidade a título póstumo nunha sesión plenaria que se celebrará na véspera do Día das Letras Galegas, que este ano se adica a este escritor ourensán.

Ademais deste recoñecemento público da cidade, o Concello tamén descubrirá unha placa-busto do escritor na Praza do Bispo Cesáreo, como recoñecemento da cidade á súa figura.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, comunicoulle esta decisión aos membros da Fundación Carlos Casares, presidida por Xavier Casares. “Deste xeito, culminamos un expediente que permanecía aberto desde hai 14 anos e facemos precisamente no ano no que se honra a memoria do grande escritor, coa máxima distinción que se lle pode outorgar desde o Concello de Ourense”, sinalou o rexedor ourensán.

Artigos relacionados

Back to top button