DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Carlos García, vencedor absoluto do XXII Torneo de Tenis Festas da Rúa

Outro dos participantes, Miguel Blanco, facía dobrete ao vencer nas finais cadete e infantil

Moi animado estivo o Torneo de Tenis Festas da Rúa que se disputou nas canchas do Aguillón entre o 28 de xullo e o 4 de agosto, organizado polo Concello en colaboración co C.T. Rúa.

Un torneo que chegaba este ano á XXII edición para as diferentes categorías. A absoluta, cuxa final se disputaba na tarde do 4 de agosto, enfrontaba a dous rueses: Carlos García e Julio López, proclamándose vencedor o primeiro por 7-6/6-0. En cadete, Miguel Blanco proclamábase campión tras vencer na final a Manuel Jacobo por 6-2/6-2, vencendo tamén en infantil despois de superar a Álvaro Buitrón por 6-2/6-1. En benxamín mixto, Suso Fernández vencía na final a Iris Acevedo por 9-7; e en veteranos +35 Julio López vencía a Enrique Naveira por 6-2/6-4.

A entrega de premios tiña lugar trala final absoluta, da man do alcalde da Rúa Álvaro Fernández.

Fotos: Mónica G. Bellver e C.T. Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close