OurenseÚltima hora

Carlos Núñez ofrecerá o concerto inaugural do festival Pórtico do Paraíso, en Ourense

O concerto vai ser na Catedral de Ourense e, para esta edición, súmanse as ingrexas de Santo Domingo de Ourense, a de Santa María de Gracia de Monterrei e a Colexiata de Xunqueria de Ambía
A presentación foi no Salón de Plenos do Concello de Ourense. // Foto: Carlos Asensio.

O festival internacional de música de Ourense, Pórtico do Paraíso, presentouse na mañá de hoxe, 16 de febreiro, no Salón de Plenos do Concello de Ourense. En concreto, a décimo primeira edición. “Logo dunha década facéndonos soñar con propostas musicais de excelente nivel en auditorios inimaxinables, segue o seu camiño sen perder a capacidade de sorprendernos”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O festival vaise celebrar entre os días 2 e 11 de marzo e, entre as novidades máis importantes, están a incorporación das igrexas de Santo Domingo, en Ourense, e de Santa María de Gracia, en Monterrei, e da Colexiata de Xunqueira de Ambía. Sumadas ao Teatro Principal, Liceo, Museo Arqueolóxico e Catedral.

En canto ao cartel, Carlos Núñez será un dos grandes atractivos desta edición, xa que vai ofrecer o concerto inaugural na Catedral de Ourense cos mesmos instrumentos representados na pedra policromada do S.XIII, que cobran vida no lugar mesmos no que foron tallados grazas ao labor do obradoiro dirixido por Manuel Brañas, da Deputación. Para asistir a este concerto haberá que retirar as invitacións na Oficina de Turismo de Ourense o propio venres, 2 de marzo.

Carlos Núñez súmase a todo un elenco internacional que compón o cartel deste ano.

Artigos relacionados

Back to top button