DeportesÚltima hora

Carlos Revuelta completa o seu maratón número 100

Este atleta, afincado no Barco de Valdeorras, corría o 15 de novembro nos Montes Torozos en Valladolid
Carlos Revuelta, correndo nas pistas de Calabagueiros,/ Foto: Carlos G. Hervella.
Carlos Revuelta, correndo nas pistas de Calabagueiros,/ Foto: Carlos G. Hervella.

A primeira vez que se enfrontaba aos 42 kms de distancia nunha proba de maratón e lograba finalizados era en 1983. Dende entón ata hoxe transcurriron 32 anos e Carlos Revuelta, atleta afincado no Barco, vén de ver cumprido o seu soño de rematar outras 99 maratóns, que o levaron por ata 15 países diferentes.

A cifra do número cen lográbaa o pasado domingo 15 de novembro, tras realizar o Maratón dos Montes Torozos, na súa Valladolid natal. “Nesta ocasión fíxeno, como tantas veces, con meu gran amigo Miguel Ángel Martínez, que culminou o su maratón nº 30, e co meu irmán pequeno, Fernando, que vive en Panamá e que non quixo perderse a proba. Ademais tivemos a honra de ser os “globos” que marcaban o ritmo de 6 minutos e medio por km, por invitación expresa dos organizadores”, tal e como conta o propio Carlos Revuelta, que estivo tamén arroupado nesta cita por amigos de Trotadas de Valdeorras, e, por suposto, por membros da súa familia.

Artigos relacionados

Back to top button