Galerías de fotosSociedadeÚltima hora

Carmen García, de Rubiá, celebra o seu centenario coa súa familia

 

No mediodía do 25 de xaneiro Carmen García Prada celebraba os seus 100 anos. E facíao rodeada polo cariños dos membros da súa familia cun xantar que se desenvolvía na Casa Lameiro do Barco. Nesta celebración recibía, entre outros agasallos, un ramo de flores.

Carmen García é unha muller moi alegre. Dedicouse dende moi nova ao oficio de muiñeira, e de aí lle vén o alcume polo que é coñecida en Rubiá, “Muliñeira”. Casábase con 20 anos e tiña dúas fillas, Luisa e Lola.

Sempre traballou no muíño e tamén no agro e ao superar os 50 anos quedou viúva. Ademais depsois perdía á súa filla Lola, que deixaba a dous fillos, aos que Carme criou xunto co seu xenro. Vivíu soa ata cumprir os 92 anos e agora pasa tempadas coa súa filla e tamén cos seus netos.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button