Galerías de fotosÚltima hora

Carnes selectas en Carnicerías Pascual, novo establecemento barquense

Carnicerías Pascual vén de abrir recentemente as súas portas no centro do Barco. Este novo establecemento, que fai esquina entre as céntricas rúas Conde Fenosa e Santa Rita, ofrece unha ampla gama de carnes de calidade, entre as que destaca a da terneira, que ademais procede das comarcas de Valdeorras e Trives.

Nesta carnicería tamén se pode mercar carne de cabrito, cordeiro, porco, polo ou coello, así como os seus derivados. Ademais conta con diversos embutidos tradicionais como botelos, androllas, chourizos, salchichóns…

Ao fronte deste negocio está Pascual, que conta xa cunha carnicería aberta en Vilamartín e que con este novo proxecto pretende seguir ampliando mercado na comarca de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button