DeportesÚltima hora

Carolina Camino (CV Emevé), seleccionada para a preparación do Campionato de Europa de voleibol 2021

A concentración comezará o luns 12 de xullo en Guadalaxara

 

Apenas uns días despois de proclamarse subcampioa de España co seu equipo no Campionato de España de Clubs disputado en Almería, a deportista quiroguesa Carolina Camino Fernández (CV Emevé Lugo) era convocada polo seleccionador nacional de voleibol feminino, Pascual Saurín, para a concentración de preparación do Campionato de Europa 2021, que comezará o vindeiro luns 12 de xullo en Guadalaxara.

A selección absoluta feminina de voleibol comezará así o proceso de preparación para o máximo torneo continental que terá lugar en Bulgaria, disputando “un bilateral amigable contra Eslovaquia do 23 ao 25 de xullo en terras eslovacas, e un dobre enfrontamento con Suíza”, tal como explican dende a Real Federación Española de Voleibol, “primeiro en Guadalaxara do 30 de xullo ao 1 de agosto e posteriormente do 7 ao 9 de agosto, en terras helvéticas”.

Das xogadoras convocadas en Guadalaxara sairá o equipo que xogará a fase final do Campionato de Europa, do 16 ao 29 de agosto en Plovdiv (Bulgaria), sendo os rivais das españolas, o equipo anfitrión Bulgaria, Serbia, Croacia e Romanía.

 

Artigos relacionados

Back to top button