Publicidade
DeportesÚltima hora

Carolina Camino (CV Ribeira Sacra) convocada coa selección galega de volei praia

O campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) celebrarse a finais de mes en Murcia
Carolina Camino Fernández.

As xogadoras do Club Voleibol Ribeira Sacra non deixan de dar alegrías ao club. Despois da gran tempada nas diferentes categorías e a boa actuación do equipo cadete no campionato de España, a Federación Galega  de Voleibol vén de convocar a Carolina Camino Fernández á concentración coa selección galega de volei praia que terá lugar os días 25, 26 e 27 de xuño en Boiro (A Coruña).

Trátase dunha concentración previa ao campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) de volei praia que se celebrará na localidade murciana de Lorca os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo, sendo a primeira vez que resulta convocada unha xogadora do equipo lucense.

Carolina Camino é natural de Quiroga con ascendencia en terras do Bolo (criouse en Lentellais), e iniciouse no mundo do voleibol da man de Antonio García no colexio Manuel Respino da Rúa onde xogou ata que se desprazou á localidade lucense onde fichou polo club que tantas alegrías lles está dando á afección.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close