DeportesÚltima hora

Carolina Camino forma parte da selección cadete que representará a Galicia no nacional de volei praia

A proba disputarase na localidade murciana de Lorca os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo
María, Carolina, Ainara e Marta, integrantes da selección galega cadete de volei praia.

Hai unha semana, a xogadora quiroguesa (con orixes en Valdeorras) do CV Ribeira Sacra Carolina Camino, foi convocada pola Federación Galega de Voleibol á concentración coa selección de volei praia que tivo lugar os días 25, 26 e 27 de xuño en Boiro (A Coruña).

Foi a reunión previa ao campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) de volei praia que se celebrará na localidade murciana de Lorca os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo, sendo a primeira vez que resultaba convocada unha xogadora do equipo lucense, e finalmente, Carolina formará parte da selección cadete que representará a Galicia na proba nacional.

Así o decidiu o adestrador da mesma durante estes días de concentración, “un éxito máis desta xogadora que xa no seu día formou parte do conxunto galego en pista”, apuntan dende o club.

As catro integrantes da seleción galega cadete de volei praia (Maria, Carolina, Ainara e Marta) xa están de camiño a Murcia.

Artigos relacionados

Back to top button