DeportesÚltima hora

Carolina Camino, natural de Quiroga, ficha polo Club Voleibol Emevé de Lugo

Xogou no Ribeira Sacra e tamén no Caep Soria, o equipo da concentración permanente de xoves promesas organizada pola Federación Española de Voleibol da Superliga Feminina 2

 

Carolina Camino e Anier Mariño forman xa parte do CV Arenal Amevé de Lugo. A presentación dos dous novos xogadores de voleibol tiña lugar na mañá do 23 de decembro no Centro Comercial As Termas onde explicaron que chegan ao conxunto lucense dende o CV Ribeira Sacra e CV Korbis, respectivamente, tras pasar pola Permanente da Selección Española de Voleibol. “Dúas incorporacións de luxo para seguir crecendo e completando os nosos planteis”, aseguran dende o Emevé.

 

Carolina Camino coa camiseta do CV Emevé.

 

Carolina Camino, natural de Quiroga con ascendencia no Bolo e internacional sub19, comezou a xogar ao voleibol na Rúa para continuar formándose no CV Ribeira Sacra de Monforte. Máis tarde militou no Caep Soria, o equipo da concentración permanente de xoves promesas organizada pola Federación Española de Voleibol que xoga en Superliga Feminina 2, e agora, convertida nunha das xogadoras galegas con maior  proxección, pasa a formar parte do club lucense, xogando esta tempada nas categorías inferiores co obxectivo de xogar co primeiro equipo na vindeira.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button