As xogadoras do CV Ribeira Sacra xa estiveron en anteriores convocatorias
Os días 29, 30 e 31 de marzo, en plena Semana Santa, celebrarase na localidade coruñesa de Cabaña de Bergantiños a 4ª concentración de seleccións autonómicas organizada pola Federación Galega de Voleibol, na que novamente haberá representación do Club Voleibol Ribeira Sacra.
As cadetes quiroguesas Carolina Camino Fernández e Sofía Pérez Carballedo e a infantil Lucía Rodríguez González, foron novamente convocadas para a sesión preparatoria para o vindeiro CESA (Campionato de España de Selecccións Autonomicas) que se celebrará en Valladolid entre o 11 e o 14 de abril.