DeportesÚltima hora

Carreira popular Torre do Castro, en Sandiás

A VI edición da cita deportiva celebrarase o domingo 31 de maio a partires das 10:30h.
Presentación da carreira popular en Sandiás.
Presentación da carreira popular en Sandiás.

Por sexto ano consecutivo o Concello de Sandiás e a Asociación Deportiva Limiactiva aunan esforzos para promover a práctica deportiva a través dunha nova edición da Carreira Popular Torre do Castro que se celebrará o 31 de maio.

Como en edicións anteriores celebraranse 5 carreiras por categorías, destacando a novidade introducida o ano pasado “a obriga de que na composición dos equipos de 4 atletas conten con alomenos unha muller entre os seus compoñentes” explican dende a organización.

Coma xa é habitual, ás 10:30h. comezará a carreira absoluta (8.000 m.), proba incluída no circuíto de Correr en Galicia e no calendario das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo. Ás 10:40h. será o turno para a carreira infantil-cadete (1.500 m.) seguida ás 11:45h. pola carreira benxamín-alevín (750 m.); ás 12h. pola carreira prebenxamín (350 m.); e ás 12:10h. pola carreira ¨pitufos¨(150 m.).

Así pois a torre do Castro e o San Bieito da Uceira “voltaran ser testemuñas do estado de forma dos intrépidos atletas que se atrevan a desafiar as duras rampas, os xa famosos dous quilometros da dura subida, que levan ata a capela do santo” explicaban na presentación da carreira os responsables da organización.

Artigos relacionados

Back to top button