DeportesÚltima hora

A carreira popular “Vía Nova” de Bande espera xuntar a máis de 200 corredores

O evento terá lugar o 15 de xullo e presenta percorridos que van dende os 1oo até os 2.ooo metros
José Antonio Armada, Rosendo Fernández e Jorge Vázquez.

A Deputación de Ourense e Concello de Bande organizan, en colaboración coa Asociación VII Legio Gemina, a cuarta edición da carreira popular “Vía Nova” que se celebrará o día 15 de xullo, a partir das 19:00 horas, na praza da Constitución de Bande, cun percorrido que vai dos 100 metros aos 8 quilómetros. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe, 5 de xullo, a cargo do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Bande, José Antonio Armada; e do monitor deportivo do Concello de Bande, Jorge Vázquez.

As probas das categorías escolares teñen un percorrido que vai desde os 100 metros ata os 2.000 metros. A saída da primeira delas terá lugar ás 19:00 horas, sendo ás 20:00 horas a quenda para a carreira absoluta cunha distancia aproximada de 8 quilómetros.

A recollida de dorsais efectuarase, para a categoría de escolares ata media hora antes da saída da súa proba, e unha hora antes para os da carreira absoluta. Por último, ás 21:15 horas, será a entrega de premios. Todo elo amenizado con música en directo e atraccións para os máis cativos. “Cada ano intentamos personalizar o evento e dárlle un enfoque diferente hacia a zona do Xurés, por iso, este ano, inspirámonos na ánfora para realizar os trofeos”, explicou Jorge Vázquez.

Os interesados en participar poderán anotarse na páxina web: http://championchipnorte.com ou no Pavillón de Deportes de Bande.O prezo da inscrición será “para a categoría absoluta de 6 euros máis 1 euro de aluguer do chip para os que non o teñan, mentres que para a categoría escolar será gratuíta”, sinalou o monitor deportivo do Concello de Bande. O prazo para inscribirse remata o xoves, 13 de xullo e “este ano, esperamos chegar aos 200 participantes” engadiu Jorge Vázquez.

O vicepresidente do goberno provincial lembrou que esta proba forma parte da iniciativa “Xurés Experiences 2017”, na que se atopan “unha serie de eventos deportivos dos concellos da Baixa Limia que, coa colaboración da Deputación de Ourense, pretende difundir as potencialidades e a riqueza turística, deportiva, termal e natural desta contorna de Ourense”.

Pola súa parte, o alcalde de Bande, dixo que este evento “está a consolidarse en Bande, un municipio que aposta polo deporte vencellado á natureza e á riqueza patrimonial da nosa comarca”.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button