DeportesÚltima hora

Carreira solidaria contra o cancro de ovarios en Viana o 12 de xuño

A proba, promovida dende o IES Carlos Casares, contará cunha única distancia dun quilómetro e sairá ás once da mañá da praza Maior da vila

carr1

En apoio á campaña do alumnado de Katia e Luis, mestres no colexio Pinar prados de Torrejón (Madrid), o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, en colaboración co Concello, promoverá o vindeiro 12 de xuño unha carreira solidaria contra o cancro de ovarios nesta localidade. Partira ás once da mañá da praza Maior e contará cun percorrido urbano fde 1 km. Deste xeito preténdese facilitar a participació “e darlle voz a este cáncro silencioso, que casi non presenta signos”, segundo os promotores da cita.

“A cota de inscrición é de 3 euros, como referencia mínima, e por ser unha carreira solidaria calquera aportación será benvida, aínda que non se participe físicamente na proba”, segundo indican os seus organizadores.

Esta carreira súmase ao video gravado hai unhas semanas por alumnos do instituto vianés. Con el comezaban unha serie de actos de apoio a esta campaña de recollida de fondos para avanzar na investigación na detección e cura do cancro de ovarios.

Máis información:
http://ochoupindixital.blogspot.com.es/2016/05/carreira-solidaria.html?m=1

Artigos relacionados

Back to top button