ConcellosEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Carrozas, comparsas e cinco folións no desfile de Trives

 

Da Finca da Barreira partía arredor das seis da tarde do Martes de Entroido o desfile de Trives. Abríao unha orixinal comparsa, con carroza incluída, que recreaba un costureiro con agullas, fíos e mesmo botóns. Despois, ía un grupo de submarinistas, unha bandada de mouchos e logo unha carroza que recreaba unha casa castrexa, cos seus habitantes.

 

 

A continuación soaba o toque dos folións, comezando polo dos Labregos e logo seguido polo da Lardeira, o de Sobrado (que non acustuma saír desta localidade), As Maceiras e, finalmente, pola Caniceira. O desfile, que percorría o casco antigo da vila, remataba na praza.

Para regular o tráfico contábase coa colaboración da Policía Local e das agrupacións de Protección Civil de Trives e de San Xoán de Río.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button