OurenseÚltima hora

Cartel da artista María Piensos no 20 aniversario da Festa da Pita

Cartel do Entroido 2018 no barrio d’ Eiroás.

 

A Festa da Pita celebra xa o seu vinte aniversario. Coincidindo con esta celebración, a artista encargada de ilustrar nesta edición a imaxe deste Entroido do barrio das Eiroás é a coruñesa María Piensos. “Pasaron 15 anos desde que a imaxe da nosa festa é produto da creación dun artista ourensán. Nesta ocasión demos un pequeno salto, procurando (a partir da presente edición) a implicación de artistas do panorama galego”, explican dende os Amig@s da Pita.

María Piensos é pintora pop e colorista coruñesa, especialista en Action-Painting e Performance cun amplo currículo e unha extensa obra, que achega unha proposta plástica moi diferente sobre a celebración do Entroido neste barrio ourensán.

O programa da Festa da Pita das Eiroás enfía agora cara ás datas centrais: o sábado 10 de febreiro sairá entre lusco e fusco o Folión do Entroido e o martes día 13 de febreiro ás 13h. terá lugar o acto central coa Voda da Pita, seguida do xantar dos noivos.

Artigos relacionados

Back to top button