EconomíaEconomíaÚltima hora

O cartel da XVIII Festa do Botelo do Barco fai un guiño á Guerra das Galaxias

A cita gastronómica celebrarase os días 20 e 21 de xaneiro
A concelleira de Cultura Margarida Pizcueta e o alcalde do Barco Alfredo García, na presentación da XVIII Festa do Botelo.

A XVIII Festa do Botelo do Barco de Valderras xa está en marcha. Un dos primeiros pasos foi a presentación do cartel oficial desta XVIII edición por parte da concelleira de Cultura Margarida Pizcueta e o alcalde do Barco Alfredo García. Un cartel que baixo o lema “O pai de todos os botelos” fai un guiño á última entrega da saga cinematografica A Guerra das Galaxias. Na presentación tamén se adiantaron algúns puntos do programa que se está perfilando.

A festa celebrarase a fin de semana do 20 e 21 de xaneiro e tal e como explicou o alcalde, Alfredo García, “queremos que a xente nos visite e deguste o botelo nos restaurantes da vila, non só o día da comida institucional do día 20 no pavillón de Calabagueiros”.

Con respecto á venda de entradas, este ano haberá varias novidades. A primeira é que se cambia á fin de semana anterior á festa e non se fará nun luns como viña sendo habitual. Será o sábado, día 13 de xaneiro, en horario de tarde. “Así poderán comprar entradas a xente que pola semana traballa” explicou a concelleira Margarida Pizcueta, quen tamén indicou que se cambia o lugar de venda das entradas do Teatro Lauro Olmo ao terceiro andar do Edificio Multiusos. Poranse á venda 1.150 entradas e cada comprador poderá adquirir como máximo 10 entradas. Outra das novidades é o aumento do prezo de 15 a 18 euros “para equiparalo ao dos restaurantes e que non haxa competencia desleal”, puntualizou o alcalde.

A concelleira, Margarida Pizcueta, indicou que o resto do programa farase público o próximo día 9 de xaneiro.

 

Cartel da XVIII Festa do Botelo.

 

Artigos relacionados

Back to top button