En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Cartel de luxo no XIV Festival Folk & Rock nas Portelas, en Lubián

Numeroso público asistiu ás actuacións, dende bandas de gaitas ata grupos de referencia como os irlandeses Capercaillie

Dúas son as citas de referencia no “Verán Cultural” que cada ano programa o concello zamorano de Lubián para o mes de agosto: o Festival Folk & Rock nas Portelas e a “Noite no Cortello”.

A segunda celebrarase o 17 de agosto na trampa para lobos situada na parte alta da localidade, e a primeira tiña lugar o luns día 6 en dous espazos do pobo.

Ás sete da tarde comezaba na praza Horta do Cura, o concerto de bandas de música tradicional, contando nesta ocasión con catro agrupacións: a Banda de Gaites do Conceyu de Candamo (Asturias), Os Coribantes de Buchabade (Pontecaldelas, Pontevedra), Esbardu (Avilés, Asturas) e a Banda de Gaitas As Portelas de Lubián (Zamora) que pechaban esta primeira parte do festival na que tres membros da agrupación recibían un agasallo por parte do Concello. O resto de convidados tamén levaban unha placa como recordo.

A segunda parte do festival, xa de cara á noitiña, tiña lugar na praza Nova da Fontarbela cun cartel de luxo. Os primeiros en actuar eran os galegos SondeSeu que tocaban varias pezas, algunhas acompañados por músicos convidados, e de seguido tocáballe o turno ao coñecido grupo irlandés Capercaillie. Os roqueiros Astarot eran os encargados de poñer o broche a un festival que reuníu a numeroso público en ambas prazas, non só do propio municipio zamorano, senón doutros galegos como Viana do Bolo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button