OurenseÚltima hora

“Cartoóns”, de Víctor Mosqueira e Josito Porto, chega ao Liceo da man da Federación de ANPAS públicas de Ourense

A representación, encadrada como Festa Fin de Etapa do proxecto "Peregrinando pola Vía da Prata. Escolares Camiñando en Familia" será hoxe ás 19:30 horas

Víctor Mosqueira e Josito Porto.

 

O salón Noble do Liceo Recreo Ourensán acolle hoxe ás 19:30 horas, o espectáculo cómico de clown Cartoóns, unha coproducción das compañías Excéntricas e Teatro de Adro.

Trátase dun proxecto creado na súa totalidade por Víctor Mosqueira e Josito Porto coas colaboracións de Kukas (na escenografía e no deseño gráfico), Quico Cadaval (na dirección) e Pepe Quintela (na iluminación). Un espectáculo de estilo clown e musical, de 60 minutos de duración, con versión de rúa, e dirixido especialmente a nenos de 4 a 12 anos, sen esquecer a todo tipo de público familiar.

A representación de Cartóons vai encadrada como Festa Fin de Etapa do proxecto “Peregrinando pola Vía da Prata. Escolares Camiñando en Familia”, deseñado pola Federación de ANPAS de centros públicos As Burgas de Ourense e financiado polo Xacobeo 2021, no que durante as recentes vacacións, e aínda en próximas fins de semana, grupos de alumnos e familiares comparten a experiencia de percorrer etapas da Vía da Prata dentro da provincia de Ourense coñecendo a xeografía e as pasiaxes, a tradición do camino Xacobeo e as orixes da Vía da Prata. Tamén logra o encontro entre escolares e familias de localidades diferentes intercambiando vivencias mentres camiñan xuntos dende que a Ruta Mozárabe entra en Ourense pola Mezquita ata que sae por Cea atravesando 11 concellos.

O aforo está limitado a 75 persoas, e as prazas adxudicaranse por estricto orde de solicitude no mail: fapaourense@fapaourense.es

Artigos relacionados

Back to top button